Terminologia de les plataformes de vídeo a la carta - Presentación
© Autoría: TERMCAT, Centre de Terminologia; Realiter
© Edición: TERMCAT, Centre de Terminologia, 2023-2025
Co apoio de: Generalitat de Catalunya. Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals
Coa colaboración de: Associació Professional de Traductors i Intèrprets de Catalunya; Filmin; Universitat Pompeu Fabra. Observatori de la Producció Audiovisual
Este dicionario reúne un cento de termos básicos vencellados ás plataformas de vídeo á carta, un servizo audiovisual en transformación, cun número elevado de consumidores e un impacto significativo como industria creadora de contidos que se poden consumir en liña e por demanda. Cada termo presenta as denominacións equivalentes en seis linguas románicas: catalán, castelán (variantes de España e de México), francés (variantes de Europa e do Canadá), galego, italiano, portugués (variantes de Portugal e do Brasil), cos indicadores de categoría gramatical correspondentes, e tamén en inglés. As definicións están redactadas en catalán.
Os termos fan referencia aos diversos ámbitos que se poden consultar na árbore de campo. Por unha banda, algúns fan referencia á xestión das contas de usuario nas plataformas e tamén á navegación polas interfaces de visionamento dos contidos. Por outra banda, outros son específicos dos produtos e xéneros audiovisuais propiamente ditos. Tamén se recollen termos vencellados á xestión do negocio, desde o punto de vista empresarial e do márketing, e aos os sistemas de telecomunicacións que fan posible tecnoloxicamente o vídeo á carta.
A obra publicouse en 2023, froito da colaboración entre o TERMCAT e outros organismos e expertos do ámbito. No 2025, e no marco da rede REALITER, varios organismos achegaron equivalentes noutras linguas románicas, e están referenciados no documento Equipo de traballo.
Desde a lapela “Consulta de termes” ('Consulta de termos’), pódese ou ben acceder á lista alfabética de todas as denominacións (para cada un dos idiomas do dicionario) e despregar as fichas, ou ben facer directamente na caixa Text de la consulta (‘Texto da consulta’) buscas simples ou avanzadas (en calquera dos idiomas do dicionario).
Terminoloxía descargable en Terminologia Oberta.
Equipo de traballo
Árbore de campo
Bibliografía
Material complementario:
Infografía: Plataformes de vídeo a la carta: termes clau
Autoría:
Edición:
Co apoio de:
Coa colaboración de:
TERMCAT, CENTRE DE TERMINOLOGIA; REALITER. Terminologia de les plataformes de vídeo a la carta [en línia]. Barcelona: TERMCAT, Centre de Terminologia, cop. 2023-2025. (Diccionaris en Línia)
<https://www.termcat.cat/ca/diccionaris-en-linia/314/>




